Vostede está aquí
Vivimos nela vivimos dela Defende a túa Ría . Recuperemos a Ría do Burgo
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apoia a manifestación convocada pola Plataforma para a defensa da Ría do Burgo o vindeiro Domingo 14 de maio ( con saída as 12h da Casa do Mar da Coruña ) para esixirmos do Goberno do Estado e da Xunta as actuacións e investimentos públicos urxentes para :
1) Aprobación imediata do Proxecto definitivo de Dragado Da Ría, con seu calendario de actuacións e consignación orzamentaria adecuada, previa reposta positiva a todas as alegacións presentadas pola plataforma en defensa da Ría do Burgo, Confradía de Pescadores da Coruña e Concellos .
2 )A posta en marcha inmediata do Plano de Rexeneración Medioambiental , de limpeza integral da Ría do Burgo para o gozo e lecer cidadán, así como de recuperación dos bancos de marisco con liñas de axuda ao cultivo e produción.
3) Defender e elaboración polo Goberno español e da Xunta de Galiza dun Plano urxente de Axudas ao marisqueo para que mentres non se teña producido unha total eliminación dos vertidos e se poida deselvolver con normalidade e actividade
Vivimos nela vivimos dela Defende a túa Ría
Recuperemos a Ría do Burgo