Vostede está aquí

UNS PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS.

Dende a asociación vecinal Oza Gaiteira Os Castros observamos con moita preocupación o que significa para o noso barrio e a toda a Cidade a parálisis na aprobación polo Pleno dos Presupostos Municipais 2016..

 

Consideramos unha necesidade urxente dotar a Cidade duns Presupostos que permitan nos meses restantes do ano abordar as necesidades mais urxentes dos barrios, que no noso caso xa temos presentado diante o actual Goberno Municipal así como públicamente. 

 

A paralización na sua aprobación por parte dos Grupos Municipais bordea a irracionalidade, o desinterés e o desprezo pola vida diaria dos cidadans  os barrios e a Cidade. Unha prolongación dos actuais Presupostos abocanos a paralización das inversions, milloras sociais, en infraestructuras,etc.

 

Antepoñer intereses partidistas, descoñecidos proxectos e debates furtados a cidadania é un índice da incapacidade política e de xestión dos Grupos Municipais.

 

A nosa asociación de veciños emplaza os Grupos Municipais a unha rápida aprobación baseada en: 

 

  1. .- Unhos presupostos abertos de grandes liñas presupuestarias.
  2.  Unha apertura informativa a cidadania e unha explicación publica da situación da paralisis actual.
  3.  Unha participación cidadan aberta e continua na plasmación das grandes liñas, que permitan cos movimentos cívicos, aos colectivos veciñais ., participen na sua plasmación concreta e diaria. Abrir un debate cos movimentos cívicos cara o que todos os Grupos Municipais falan e non practican: UNS PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS.