Vostede está aquí

Transparencia

O venres 29 de abril a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria onde, entre outros temas

O venres 29 de abril a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria onde, entre outros temas, aprobáronse as contas anuais (expostas ao público dende hai varias semanas) e renovouse a Xunta Directiva tal e como marcan os estatutos do noso colectivo veciñal.

A asemblea votou unanimemente pola candidatura presentada, onde hai varias incorporacións na Xunta Directiva e se mantén como Presidente a Paulo Sexto. Do mesmo xeito acordouse manter a liña combativa en defensa do barrio como leva facendo o noso colectivo veciñal dende hai máis de corenta anos.

No tema das contas anuais salientamos algo que levamos tamén denunciando dende hai bastantes anos, existen colectivos veciñais e entidades de todo tipo que dispoñen de locais públicos cedidos (do Concello, da Deputación...) e sen embargo nós levamos máis de corenta anos pagando un alugueiro por un local onde realizar todas as actividades que temos postas en marcha.

Esta situación de discriminación a respecto doutros colectivos obríganos a adicar máis do 60% dos orzamentos anuais ao alugueiro o que nos impide desenvolver máis actividades das que estamos a organizar. Seguiremos denunciando esta situación porque nos parece totalmente inxusto que un colectivo coma o noso non teña o apoio das administracións que teñen outros.