Vostede está aquí

Talleres de Arte na Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Durante o mes de Xullo e nas tardes dos martes, en colaboración coa Asociación Veciñal Oza - Gaiteira - Os Castros de 18:30 - 20:00 horas (aproximado)

Durante o mes de Xullo e nas tardes dos martes, en colaboración coa Asociación Veciñal Oza - Gaiteira - Os Castros de 18:30 - 20:00 horas (aproximado) o tallerdepolo ten prevista a realización de tres obradoiros no local da Asociación, rúa Merced, 56- baixo:

Martes 4 de Xullo - "Taller de Arte en familias co tallerdepolo"

unha experiencia dunha hora de duración para compartir todas as idades; conxuntamente as personiñas máis novas (con acompañante) e adultos traballaremos conxuntamente, dende e cos sentidos, sentimentos e cores....

Máximo dez participantes, prezo 5€ /participante (menores de 4 anos conta como unidade coa persoa acompañante, mínimo seis participantes).

A Asociación veciñal pídenos a máxima responsabilidade e seriedade á hora de traer e recoller aos menores que participen en actividades nas súas instalacións.

Martes 11 de Xullo -"Todos a debuxar!!!"

Moitas persoas van deixando atrás o debuxo como si non lles pertencera esa posibilidade de expresión, bloqueando así unha parte importante das súas capacidades creativas e expresivas. A idea de este taller xurde de recuperar, para as persoas que temen achegarse ao debuxo, pintura ... e Artes Plásticas en xeral, o desfrute de esta linguaxe que é unha dimensión máis do ser humano.

A través de diversos exercicios traballaremos en grupo(e individualmente) xogando e recuperando ese camiño expresivo que está en tod@s nós e que non debemos perder. Cunha hora e media aproximada de duración desfrutaremos dun taller onde o traballo plástico e artístico irá intercalado de varias dinámicas de grupo que potencien a intrepidez e espontaneidade. Recomendado a partir de oito anos, dispoñemos de dez prazas cun custe de 5€/participante(mínimo seis participantes), materiais incluídos.

Martes 18 de Xullo - "O noso autorretrato"

Quen es ti? E por que te defines como te defines? Cales son esas dimensións clave que crean a nosa identidade? A través de este taller de artes plásticas exploraremos o noso interior; unha mirada ao que nos constrúe e nos define. A través da obra de distintos artistas iremos expresando dimensións da existencia, para despois verter as nosas sensacións e conexións nunha obra que nos defina, que nos retrate. Unha hora e media(aproximadamente) de taller para a introspección e o xogo plástico, para achegarse á Historia da Arte e a complexidade das emocións que nos habitan. Dispoñibles un máximo de dez prazas (mínimo seis participantes), 5€/participante (materiais incluídos), a partir de dez anos ata infinito. A Asociación veciñal pídenos a máxima responsabilidade e seriedade á hora de traer e recoller aos menores que participen en actividades nas súas instalacións.

+info en tallerdepolo.blogspot.com tallerdepolo@hotmail.com tlf. 617 293 024 ou na Asociación Veciñal Oza, Gaiteira Os Castros