Vostede está aquí
Solicitamos unha entrevista co Presidente de Portos do Estado
A Asociación veciñal Oza GaiteiraOs Castros ven de mandar un escrito ao Presidente de Portos do Estado, Sr. José Llorca, solicitando unha entrevista para o día 3 de maio , a raíz da sua visita a nosa Cidade.
Consideramos positivo e encomiable a vontade do Sr. Presidente de Portos do Estado para reunirse e falar con asociacións e entidades sociais. Como tal interpretamos a xuntanza, na sua anterior visita, co Partido Popular para tratar os temas portuarios da Cidade.
A nosa Asociación de vecinos leva anos traballando arreo por unha millora do trafego portuario, por un porto mais limpo e polo seu progreso. Esto é coñecido por toda a Cidade e suponemos que tamen polo Sr. Llorca.
Tendo enconta o noso traballo, que NOS SI TEMOS UNHA ALTERNATIVA os problemas portuarios e vaciado do Porto, esperamos nos sexa concedido a entrevista solicitada.