Vostede está aquí
Solicitamos ao concello que adopte medidas contra a probreza enerxetica.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita ao concello que adopte medidas contra a probreza enerxetica.
A pobreza enerxética pode definirse como a incapacidade dun fogar para satisfacer unha cantidade mínima de servizos da enerxía para as súas necesidades básicas como manter a vivenda nunhas condicións de climatización adecuadas para a saúde.
Hai tres factores crave que determinan a incidencia e evolución das taxas de pobreza enerxética: os prezos da enerxía doméstica, a eficiencia enerxética dos edificios e a renda das familias.
Aínda que os prezos da enerxía e a renda das familias son importantes para entender a evolución a curto prazo das taxas de pobreza enerxética, hai que sinalar que a eficiencia enerxética dos edificios é un factor estrutural clave. Aqueles fogares que ocupan vivendas cunha menor eficiencia enerxética son máis vulnerables a sufrir pobreza enerxética, polo que a mellor solución para a súa erradicación a medio e longo prazo pasa pola rehabilitación enerxética de edificios.
A asociación fai un chamamento ao concello da Coruña para que introduzca accións específicas para loitar contra a pobreza enerxética e así mellorar a calidade de vida de moit@s vecin@s do barrio.