Vostede está aquí
Reunión ca Autoridade Portuaria da Coruña
Dende asociación vecinal Oza Gaiteira Os Castros leva moitos anos traballando en defensa dos intereses dos veciñ@s do barrio , en defensa dunha actividade portuaria que xenere riqueza e traballo e futuro para o barrio e toda a Cidade, en defensa de unha actividade portuaria limpa e respetuosa co medio ambente, en defensa dunha participación activa e aberta dos veciños nun futuro próspero do noso Porto.
O noso traballo, unha veces coincidente ca política portuaria que dirixe, e outras enfrentada, mais sempre pola nosa banda ca idea de millora, de dialogo e aberta.
Ante a elaboración por parte da Autoridade Portuaria do “Plan estratexico 2016-2020”, tomando a invitación feita na sua presentación de “…conocer opiniones, intereses, necesidades,reclamaciones…” así como que “se realizaran consultas…a colectivos vecinales…".
Polo que dende o noso colectivo solicitamos unha reunión ca autoridade Portuaria da Coruña para expoñer as nosas propostas dirixidas a unha millora da xestion portuaria, da sua actividade, de millora do medio ambiente e enfocar a actividade portuaria e o porto como motor de desenrrolo e cambio da cidade.