Vostede está aquí

Recollida de Lixo

Na Asociación veciñal queremos  manifestar que a recollida de lixo trátase dun dos servizos máis importantes, tanto polo volume de recursos que require, como pola súa incidencia na calidade de vida na cidade en diversos aspectos, como a saúde, o medioambiente, ou na imaxe e a calidade urbana.

As rúas limpas e unha boa xestión da recollida de residuos é un dos aspectos máis valorados pola cidadanía, ademais de que, tal como demostran numerosos estudos, cando unha cidade está limpa e coidada, habitantes e visitantes responden mantendo mellores hábitos e maior respecto e coidado dos espazos públicos.

Son moitos e de diverso signo político os equipos de goberno municipais que optaron ou están a explorar a municipalización dos servizos de limpeza, ao ser contratos cun volume tal, que permite amortizar investimentos e dispoñer de personal adecuados para responder o servizo ordinario e ás eventualidades.

Por último, aprobáronse  recentemente directivas europeas para avanzar nos obxectivos da economía circular en materia de residuos, que obrigará aos Concellos para afrontar novos retos nos próximos anos deberemos, polo que necesitaremos un modelo flexible que non estea suxeito ao corpiño duns pregos nos que calquera cambio sexa aproveitado pola empresa privada para aumentar os seus ingresos por modificación de contrato

 Consideramos  que o concello debe facer a realización con medios propios ou asesoramento externo, unha avaliación da calidade e o custo dos actuais servizos de limpeza e recollida de residuos, mediante comparativa con outras cidades de similar poboación e extensión, atendendo ao modelo de xestión pública ou empresa participada. Realizar o estudo de viabilidade das distintas opcións para a municipalización destes servizos, mediante a creación dunha empresa municipal de recollida de lixo .