Vostede está aquí
Rúa San Diego
Dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello en moitas ocasións para demandar máis espazos públicos que poidan ser usados pola veciñanza.
Temos solicitado que se adecúen espazos baleiros ou cheos de maleza e lixo, que se incrementen os espazos verdes e de lecer para mellorar a calidade de vida dos veciñas o veciñas.
No noso barrio hai moitas parcelas en estado de abandono, que crean problemas de salubridade e de seguridade. As administracións teñen a obriga de controlar estas parcelas e garantir que cumpren a lexislación en tódolos seus termos.
Non entendemos que o estado de abandono se chegue a dar en parcelas que son de propiedade pública, se a propia administración non cumpre mal exemplo lle estaremos dando á cidadanía. É o caso da parcela que está ao carón da rúa San Diego, un espazo polo que transcorría un camiño veciñal que foi pechado por un edificio.
Unha vez máis, dirixímonos ao Concello para que arranxe esa parcela e constrúa un espazo de lecer, con mobiliario e vexetación axeitados para o caso. O investimento para construír ese pequeno parque sería moi pouco comparado con outras obras nas que dilapidouse cartos a esgalla.