Vostede está aquí
PROPOSTA DE RECUPERACION DE ESPAZOS URBANOS NO BARRIO
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento non só pola defensa da calidade de vida cotidian do barrio, senón tamén por unha defensa do espazo urbano cidadán. A base do noso traballo é contar coa participación dos veciños na definición dos espazos públicos como espazos de uso cidadán.
Esta idea fundamental, participar en facer un barrio mais amable engadindo calidade social e urbana polo que o noso colectivo en colaboración co Colectivo Luva presentamos a o concello unha serie de propostas sobre a recuperación de espazos urbans degradados no noso barrio desde hai anos na área e propón chegar a acordos cos seus propietarios para facer un uso temporal deles mentres non se urbanizan, permitindo deste xeito que os veciños poidan gozalos. Entre as propostas destaca a do Corralón, unha gran leira valada recentemente pero abandonada e chea de matogueiras crear un parque infantil e un campo de adestramento para o equipo de fútbol local.
Na rúa Posse, onde hai outra parcela baleira lindante coa avenida de Oza, suxerimos crear un aparcadoiro gratuíto. Na rúa Alacante iría un pequeno xardín e noutro escampado cuberto de malas herbas na rúa San Diego, unha área biosaludable para os maiores.