Vostede está aquí
Proposta de mellora do Parque de San Diego
25/02/2015 - 15:37
A Asociación OZA-Gaiteira Os Castros cree que as posibilidades do parque como lugar esparcemento non están totalmente desenvolvidas.
Con poucas melloras nos espazos vexetais e cunha reorganizacion dos usos poderíase chegar obter un parque máis acorde cunha xestión sotenible dos espazos verdes coas ás necesidades de esparcemento dos veciños.
Propoñemos unha serie de renovacións de acorde con estes principios.
PROPOSTAS
A finalidade principal desta proposta é de propoñer unha serie de iniciativas que poden mellorar a calidade dos espazos vexetais (a nivel de uso e de biodiversidade) do parque San Diego a través de pequenas intervencións.
Propoñemos seis puntos moi concretos:
- Reducir o espazo en céspede e aproveitar a pente do parque para introducir unha pradería. Esta estratexia permite de animar o noiro a través de diferentes elementos: o tipo de sementeira, o modo de xestión, as plantacións adxacentes ou a topografía.
- Mellorar a sinalización do ‘Arboreto’ de maneira que todas as árbores sexan etiquetadas para informar aos visitantes.
- Densificar e reestruturar a trama das árbores para crear espazos con usos diferentes e para engadir mais diversidade nas especias.
- Animar o espazo ao pé del muro de pedra a través de plantas que poidan medrar apoiándose no muro e que engadan colorido e animación a este espazo en sombra.
- Facer das areas de céspede -na actualidade non teñen uso definido e a súa concepción non invita a ser utilizados- espazos de repouso e de pícnic.
- Crear talleres de participación e información-conxuntamente entre a asociación e os servicios de espazos verdes do concello- có obxetivo de informar sobre as melloras do parque a veciñanza