Vostede está aquí
As prioridades en San Diego
25/04/2017 - 09:16
Dende a nosa asociación consideramos que as prioridades en San Diego non pasan polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima.
Na modificación do planeamento urbanístico do porto interior debe apostarse pola súa promoción, o seu uso mixto, a creación de novas actividades e a súa preservación para o fomento económico como lugar de actividade comercial e de pesca que xera riqueza
Lembramos a nosa postura radicalmente en contra de que o porto exterior se financie a través da venda de patrimonio publico que sexa Fomento o quen financie as obras do porto exterior .
Polo que animamos a veciñanza a participar na manifestación do diá 7 de maio as 12 horas na Palloza.