Vostede está aquí

A PRAZA DOS ANTIGOS XARDINS DA FÁBRICA DE TABACOS PROPOSTA PAISAXÍSTICA

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento non só pola defensa da calidade de vida coti-dian do barrio, senón tamén por unha defensa do espazo urbano cidadán. A base do noso traballo é contar coa participación dos veciños na definición dos espazos públicos como espazos de uso cidadán.

Esta idea fundamental, participar en facer un barrio mais ama-ble engadindo calidade social e urbana polo que o noso colectivo presentamos a o concello dunha proposta sobre A PRAZA DOS ANTIGOS XARDINS DA FÁBRICA DE TABACOS proposta paisaxística O proxecto que presentamos a continuación segue o mesmo camiño: defender os espazos públicos, mellorar a cali­dade dos mesmos, e poñelos en función dos cidadáns.  En  dita proposta propoñemos 5 obxectivos moi concretos:

(1) Reducir o espazo mineral e ampliar o espazo verde introducindo distintas programacións como poden ser un xardín de flores e un céspede para o repouso. Isto significa romper coa tradición dos espazos minerais que existen na cidade e dar máis importancia aos espazos verdes

(2) Solucionar o problema do forte vento que ven da Avenida do Exército utilizando un contravento natural composto de árbores e arbustos que diminúan a velocidade do vento

(3) Considerar o engadir actividades recreativas e deporti­vas para distintos grupos xeracionais. Xa existe un espazo para os máis pequenos pero se necesitan espazos tamén para os adoles­centes e para os máis maiores.

(4) Reducir o custo de mantemento é de construción ao introducir máis elementos vexetais

(5) Recuperar temporalmente os espazos valados onde deberían estar os tres edificios de vivendas como espazos verdes en espera ou para destinalos ás actividades deportivas.