Vostede está aquí
Postura da Asociación respecto a Praia de Oza
13/07/2016 - 10:23
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros quere manifestar a súa posición respeito as novas sobre a perda da Bandeira Azul da Praia de Oza.
- Denunciamos a situación, no só das augas sinon de todo o espazo,mediambiental e ecolóxica da Praia dende seu inicio. Augas, espazos de lecer, accesos, transporte, etc.: sempre estivo abandoada polas administracións públicas.
- Sempre denunciamos os vertidos que a través do Río Monelos estase a facer no mar. Edificios, empresas, etc. seguen sen estar catalogados e controlados nos vertidos fecales y contaminantes.
- Sempre denunciamos os vertidos incontrolados feitos por certas empresas na Darsena de Oza que vaciaban buques (liquidos contaminantes, paramentos , ferros, gases,etc.) sen control e normativa de ningún tipo e o fixemos ante a Xunta, Autoridade Portuaria e Concello.
- Pedimos control o Concello e a aplicación da normativa galega, española e europea a Autoridade Portuaria dos desguaces dos asteleiros situados a carón da praia.
- Denunciamos ante as administracións que o carón da Costa de Oza existen máis puntos de vertidos que sempre exisimos que se controlarán e catalogarán.
Consideramos ca iniciativa do Concello vai na liña esixido de sempre polo noso colectivo e agardamos a súa limpeza e erradicación dos focos contaminantes para o próximo verán.
Máis tamén temos esixido o Concello una actuación para:
- Ampliación da Praia e espazos de lecer o espazo dos antigos asteleiros Valiña.
- Dotación de novos usos e medios os espazos verdes.
- Millorar os accesos a Praia, facilitando o acceso os persoas minusvalidas.
- Un bus que permita acceder a Praia.