Vostede está aquí

Por un uso social do Faro de Oza

Faro de Oza, un patrimonio de todos e todas que leva moitos anos sen uso e que o PP

Dende o colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moito tempo reclamando un uso social para o Faro de Oza, un patrimonio de todos e todas que leva moitos anos sen uso e que o PP pretende privatizar a través do Real Decreto Lei 8/2014. Hai máis de dous anos que o noso colectivo veciñal, xunto coa Confraría de pescadores da Coruña solicitamos un uso social para o Faro de Oza.

O proxecto presentado para un uso formativo da Confraría e para montar unha aula do mar que reivindique e dea a coñecer a nosa cultura mariñeira, está pensado para poñer o Faro ao servizo de todos e todas. Queremos evitar que este patrimonio público sexa privatizado, poñéndoo en mans dunha entidade privada para un uso hostaleiro, esiximos que o Faro de Oza se poña ao servizo dos veciños e veciñas, esiximos protección para este ben patrimonial e unha xestión social e pública desta instalación.