Vostede está aquí
Os terreos baleiros do noso barrio poderían ser usados de múltiples formas
Dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello en moitas ocasións para demandar máis espazos públicos que poidan ser usados pola veciñanza.
Temos solicitado que se adecúen espazos baleiros ou cheos de maleza e lixo, que se incrementen os espazos verdes e de lecer para mellorar a calidade de vida dos veciñas o veciñas.
No noso barrio hai moitas parcelas en estado de abandono, que crean problemas de salubridade e de seguridade. As administracións teñen a obriga de controlar estas parcelas e garantir que cumpren a lexislación en tódolos seus termos.
Os terreos baleiros do noso barrio poderían ser usados de múltiples formas.
Dende o noso colectivo facemos oito propostas concretas como:
1- aparcadoiro, ( Rúa Alicante)
2- hortos urbanos,
3- zona de actividades para a 3ª idade,
4- caniles,
5- xogos infantís,
6- área de expresión xuvenil con zona de graffiti e skate,
7- espazos artísticos abertos
8- parques biosaudables.