Vostede está aquí
Noso Blogue
A asociación veciñal estamos a recibir queixas sobre o servizo de duchas na praia de Oza ,un servizo moi demandado polos usuarios da "Praia de Oza" e que hai un ano que nos retirou o concello como é o "Servizo de duchas", moi útil para moitos deportitas, novos e maiores, que adoitan utilizar esa praia todo o ano para practicar deporte ao aire libre, máis agora co Covid, mentres o resto de praias da cidade se gozaron dese servizo todo o ano.
O concello a pedimento da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros instalo unhas varandas nas rúas José Luis Cereijo e rúa Cruce para facilitar a mobilidade. Pequenas obras que facilitan a mobilidade. Rúa Jose Luís Cereijo e rúa Cruce
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento non só pola defensa da calidade de vida cotidian do barrio, senón tamén por unha defensa do espazo urbano cidadán.
Páxinas
Xebre Banda De Gaitas



