Vostede está aquí
Noso Blogue
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros estamos pola defensa do dereito a comunicar da cidadanía, tanto no eido xurídico, coma no político e no social, un xeito efectivo de defender os dereitos humanos e reclamamos o mantemento das radios comunitarias, como Cuac Fm.
Polo que dende o noso colectivo veciñal mostramos o nosa apoio a Cuac Fm.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros convida os veciñ@s a participar este domingo na limpeza pública do río Feáns, dentro do Proxecto Ríos, que se desenvolverá ese día en 49 municipios de Galiza. Na iniciativa, colaboran Adega, a Asociación de Veciños de Feáns, a Asociación de Hortas do Val de Feáns e o Concello.
Na Asociación veciñal imos ter un curso de TAICHI. O curso será os MARTES E VERNES DE 11:30 A 12:30. Dito curso impartiranse no local da Asociación na rúa da Merced, 56 baixo.
Información no móbil: 669 670 669
Páxinas
Xebre Banda De Gaitas



