Vostede está aquí
Memoria Emocional
10/10/2024 - 17:57
O obxectivos deste proxecto son identificar, documentar e difundir as pegadas do pasado recente do barrio nun proceso aberto e compartido cos veciños. A nosa intención é crear un relato colectivo das diferentes etapas e acontecementos polos que pasou o barrio creando un mosaico de imaxes, datos e vivencias que vaian dende o máis historicista ata o máis anecdótico.
Para elo temos feito as feito as festas da Memoria e varios roteiros e de seguido faremos as seguintes actividades As charlas están programadas para as 19:00 horas e as inauguración de exposición ás 19:30, a mesma hora na que se proxectarán os documentais.
Calendario de actividades
- 14 de outubro. Conferencia: Un río para un Concello. Dá ponche de Monelos ao mar, por Xosé Alfeirán. Na Biblioteca do Fórum Metropolitano as 19 horas
- 15 de outubro. Inauguración Exposición de fotos e paneis: Oza: presente,pasado e futuro. No Fórum Metropolitano as 19 :30
- 21de outubro. Proxección de documentais: Martín: Praia Riazor e António Manuel Fraga: Sanatório de Oza, as 19 :30 con Manuel Fraga e Emilio Vega. No Fórum Metropolitano
- 18 de novembro. Proxección do documental Gaiteiros do mar e coloquio, con Xurxo Souto e Isa Risco. No Fórum Metropolitano as 19 :30
- 25 de novembro. Conferencia: Un barrio que foi Concello, Sta. Maria de Oza, con Ana Romero Masía. Na biblioteca do Fórum Metropolitano As 19 :00
- 2 de decembro. Conferencia: Toponimía de Sta. Maria de Oza, con Ivan Méndez, técnico da Real Academia Galega. Na biblioteca do Fórum Metropolitano As charlas están programadas para as 19:00 horas e as inauguración de exposición ás 19:30, a mesma hora na que se proxectarán os documentais. Na Coruña 8 de outubro de 2024