Vostede está aquí

MAR DE OZA : DE SAN DIEGO ÁS XUBIAS

MAR DE OZA é un proxecto participativo organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, que busca abrir un debate ao redor do futuro do litoral do barrio

MAR DE OZA é un proxecto participativo organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, que busca abrir un debate ao redor do futuro do litoral do barrio. Nunha primeira etapa desenvolveranse 2 actividades abertas ao público: un debate e un roteiro pola costa. Ambas actividades serán gravadas en vídeo e este material formará parte dun documental que pretende recoller as impresións dos veciños e expertos acerca da evolución do litoral nesta zona da cidade e plantexar as posibilidades de futuro para o mesmo.

O DEBATE terá lugar o sábado 22 de setembro as 11h na sede de Gaiteira Sociedade Recreativa e Instructiva (Rúa Gaiteira 53), e contará coa participación de Xurxo Souto como moderador e Xan Casabella (arquitecto), Leticia Becker (bióloga), Luis Dopico (mariñeiro), Paulo Carril (representante de la Plataforma Ría do Burgo), Ana Miranda (BNG Europa), Ricardo García (sociólogo medioambiental) e Felipe Senén (historiador) como ponentes.

O ROTEIRO celebrarse o sábado 6 de outubro e salirá as 11h do mirador dos Castros, e percorrerá o parque de San Diego, desde onde se ven os terreos do porto, pasando polo faro de Oza ata chegar ás Xubias.

* En caso de choiva o roteiro moverase ao sábado 20 de outubro as 11h.