Vostede está aquí
Humanizar o barrio
Baixo o Viaduto no inicio da Rolda de Outeiro existen uns espazos sen ningún tipo de aproveitamento social e/ou cívico, significando un espazo banalizado deshumanizado, que conten só elemento mortos e sen significado. Está significando un limite do barrio.
Este espazo, por si mesmo ten vida propia coma paso de peóns ou Parque San Diego e seus usos: coma comunicación co Parque Europa e ó Forum, así como distribuidor do tráfico de entrada na cidade a partir dá Avda. da Pasaxe. Realmente polo uso que lle dan os cidadáns, así mesmo coma nodo comunicativo ten gran importancia para o barrio.
Así mesmo nas actuales propostas de humanización das cidades é poñer os espazos en uso cidadán. Significar os nodos de comunicación así coma elementos de sutura dos espazos cívicos. Estase a tratar estes nodos para poñelos en uso urbano.
Polo tanto requirimos do Concello replantexar dito espazo incorporando o funcionamento do mesmo a vida da cidade.
Consideramos entre as posibilidades:
- Exposición de pintura urbana
- Exposición de arte en pedra
- Xardineria, deporte ,concurso de hortas ,etc.
Sempre dentro do concepto de arte alternativa e efímera.