Vostede está aquí
Esiximos saber que medidas de control en materia medio ambiental sobre actividades que poden causar graves problemas de saúde
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros volvemos dirixirnos a Autoridade Portuaria do Porto da Coruña logo de ter acceso a diversa información do Concello sobre cuestións ambieantais que non fan máis que incidir nunha evidente falta de control por parte das administracións e da propia Autoridade Portuaria.
En primeiro lugar volve a repetirse a ocultación de datos do medidor de partículas, unha vez máis semella que cando as medicións están dando niveis perxudiciais para a saúde a solución da Autoridade Portuaria pasa por “apagar” a información ocultando os datos.
En segundo lugar preguntamos polos desguaces que se están a facer tanto no peirao de Oza como na zona dos varadoiros. Dispoñemos de material gráfico onde se pode apreciar que non existe ningún control sobre os residuos que se están a tratar e que, a maioría das veces, acaban no mar. Dende o noso colectivo esiximos saber se esa actividade conta cos permisos para facer desguaces nese lugar, se teñen autorización como xestores de residuos perigosos, como se almacenan, como se transportan e a onde, que control se está a exercer e quen fai o seguimento dos residuos...
En terceiro lugar e tamén relacionado coa saúde ambiental da contorna, o Concello da Coruña informou que a balsa de lodos existente na zona do clube O Puntal está controlada tanto pola Autoridade Portuaria como pola Xunta de Galicia. O noso colectivo esixe saber que tipo de control están a facer dende a Autoridade Portuaria, que supervisión se fai da balsa e que tipo de analíticas se realizan sobre as augas do porto, que medidas se toman para revisar a estanqueidade da balsa e que parámetros saen nas medicións de calidade da auga.
En resumo, o noso barrio esixe saber que medidas de control en materia medio ambiental sobre actividades que poden causar graves problemas de saúde na veciñanza e no medioambiente, esiximos transparencia pois os datos dos que dispoñemos son moi preocupantes.