Vostede está aquí
Escola infantil Xa
06/11/2015 - 23:46
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros presenta alegacións aos presupostos da Xunta para que para que poida ser incluído nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 e a escola infantil estea en servizo canto antes. Que tras aprobación do Proxecto de Presupostos Xerais para 2016 da Xunta de Galicia, como entidade de interés público e en defensa dos nosos asociados e do barrio Oza-Gaiteira- Os Castros do Concello de A Coruña, formulamos en plazo e forma as seguintes ALEGACIÓNS:
- Demandamos, unha vez máis, que a Xunta de Galiza cumpra co seu compromiso de construír unha escola infantil pública no noso barrio, coa consignación presupostaria procedente para que o Concello actúe para que ese compromiso se faga realidade.
- A fundamentación da anterior petición basease en que no ano 2005 a Xunta de Galiza, gobernada como agora polo Partido Popular, fixo un estudo do número de nenos e nenas con idades de 0 a 3 anos. Ese estudio amosaba un déficit de prazas na Coruña e daquela a Xunta anunciou a decisión de construír dúas escolas infantís públicas. Nestes anos entrou en servizo a Escola Infantil de Eiris pero o barrio segue sen prazas suficientes. No barrio da Gaiteira Os Castros hai moitas familias que precisan desa infraestrutura pública.
- No programa que o Partido Popular da Coruña presentou ás últimas eleccións municipais incluíase a construción dunha Escola Infantil Pública no noso barrio, que non incumpran, unha vez máis, as súas promesas e se achegue o presuposto necesario para tal infraestructura.
Por todo o exposto,
DEMANDAMOS da Xunta de Galiza que se elabore de maneira urxente o Proxecto Construtivo desa instalación, para que poida ser incluído nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 e a escola estea en servizo canto antes.