Vostede está aquí

Eliminación de barreiras arquitectónicas

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros  queremos denunciar unha serie de deficiencias,
 
en materia de mobilidade e accesibilidade para persoa con mobilidade reducida  no noso barrio
 
ante a pasividade do Concello  para adoptar medidas para resolver  este problema o
 
noso colectivo presentou no  rexistro do Concello da Coruña   430  o  sinaturas  nas que
 
esiximos que se tomen as medidas necesarias para que a eliminación das barreiras
 
arquitectónicas en diversas ruas do noso barrio e instalacións de mecanismos para facilitar  a
 
mobilidade da veciñanza con problemas de mobilidade.