Vostede está aquí
Noso Blogue
Sobre a situación de violencia, discriminación e desigualdade que segue a sofrir a muller na sociedade actual co obxectivo de identificar o machismo preponderante na sociedade heteropatriarcal na que desenvolvemos as nosas vidas. Moderado e conducido por Xosé Leis e Isabel Risco, diplomado e diplomada en Pedagoxía Teatral.
O sábado 10 de novembro, a partir das 12.00 sairá: 5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público.
PROXECTO DE IGUALDADE PARTICIPATIVO :OZA, UN MAR DE MULLERES
OBXECTIVOS DO PROXECTO:
Poñer en valor a importante aportación das mulleres en todos os eidos da sociedade e en concreto ao desenvolvemento do noso bairro e que hoxe en dia fica lamentábelmente invisibilizado. A súa participación activa en todas as loitas para conquerir unha realidade máis igualitaria e xusta, moitas das veces desenvolvendo traballos duros e sacrificados que se converten nunha dupla actividade fora e dentro do espazo doméstico, nun claro exemplo de solidariedade e entrega. Queremos rachar coa invisibilización da muller na sociedade partindo do noso bairro e a un tempo denunciar, concienciar e sensibilizar ao respecto da sistemática situación de acoso, violencia, maltrato, no seu sentido máis amplo, da que as mulleres seguen a ser obxecto dentro dunha sociedade presidida polo machismo.
Páxinas
Xebre Banda De Gaitas



