Vostede está aquí
AS DUBIDAS SOBRE A REFORMA DA GAITEIRA
09/07/2012 - 18:10
  
  NOTA DE PRENSA CON ROGO DE DIFUSIÓN
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros levamos tempo reclamando unha  reforma integral da rúa peonil da Gaiteira, para rematar dunha vez coas chapuzas  que se teñen feito, demandamos unha reforma que mellore a calidade de vida dos  veciños e veciñas e potencie o comercio local. Ante o anuncio do concello dun  plan de remodelación para a rúa, a nosa asociación quere manifestar o  seguinte:
·          A única documentación que se nos entregou limítase a unha páxina na que  aparece un boceto do que supoñemos será o proxecto, non lle podemos chamar nin  plano nin proxecto pois non ten escala, está mal acotado e non aparece o nome do  proxectista, por riba contén numerosas incongruencias nos datos que recolle,  tanto nas seccións como nos alzados. 
·          Nada sabemos do orzamento presupostado para a obra, máis aló do que se  fixo público -que andaría polo millón de euros- non coñecemos como se distribúe  ese gasto nin a que corresponde a partida completa, nos tempos que corren é  absolutamente obrigado detallar un gasto importante coma este.
·          Non se explican os motivos polos que as obras durarán case un ano, co  prexuízo que ocasionará na veciñanza, no comercio local e a hostalaría da  rúa. É evidente que o arranxo se ten que facer por tramos, non hai outra  maneira, pero iso non xustifica un tempo de execución tan elevado.
·          Non entendemos como se pode defender que é preciso levantar toda a  mediana da avenida de Oza e sorprendentemente se crea unha mediana, con árbores,  farolas e bancos, na rúa da Gaiteira. Unha rúa moito máis estreita e na que se  asentan numerosas terrazas. Semella unha tomadura de pelo á intelixencia de  calquera, como é posible que todo este mobiliario, que de feito crea unha  mediana, non sexa inconveniente para a seguridade cando na rúa paralela si o  é.
·          En relación á avenida de Oza, temos que lembrar que seguimos esperando o  informe técnico que seica avala a despilfarro anunciado para eliminar a mediana.  Fainos supoñer, outra vez máis, que non existe ese informe ou que os datos do  propio documento non xustifican o gasto en desfacer o que agora hai  feito. 
Por  todo o anterior, dende a nosa Asociación pedimos que se faga publico o  proxecto completo, dando tempo a toda a veciñanza a revisalo e presentar  alegacións, se as obras non comezarían ate o ano 2013 hai tempo  abondo. Sobre as obras na rúa da  Gaiteira quédannos moitas dúbidas, unha vez máis podemos estar diante dunha  campaña de propaganda sen nada debaixo, o documento entregado non é máis  que un pequeno esquema pero nin de lonxe podemos estar falando dun  proxecto.
