Vostede está aquí

Deficiencias na rúa González Chas

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas.

Nesta ocasión estamos a falar de: A rua José González Chas hai un problema grave coa beirarrúa. Rotura da parte da rampa onde cambia a inclinación da beirarrua, deixouse o roto na propia estrada sen ningun tipo de señalización senón un auténtico perigo para os/as viandantes.

Temos o coñecemento que esta desfeita xa se cobrou unha victima, unha señora que non o veu e caeu facendose moito dano polo que xa esta a poñer en coñecemento das autoridades pertinentes:

http://www.redeoza.org/pavimento-e-beirarua-mal-estado