Vostede está aquí
Defendamos o noso
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros mantivo dia 27 de outubro unha reunión ca Concellalia de rexeneración urbana e dereito a vivenda para tratar a sua reivindicación e o traballo levado para convertir o zona dos antigos AsteleirosValiñas eo Faro de Oza e a sua contorna en espazo de uso cidadan.
A asociación veciñal sinalou que a Praia de Lazareto estase quedando pequena, dado a cantidade de veciños que a utilizan, e polo tanto o espazo de ampliación natural son os valeiros Asteleiros Valiña. Consideramos . que , sin grande inversión e utilizando os cantís e rampas esistentes para conservar o caracter industrial da zona, podese artellar un amplo espazo lúdico vecinal.
Neste senso o Concello manifestou o seu total acordó, e adoptara medios para plasmar a proposta do noso colectivo. A asociación manifestou o seu desacordo con que na canteira situada detrás do asteleiro, xa en terreo municipal, se proxecte construir un edificio de vivendas, pois destrue o espazo público e faria de pantalla a zona pública.
A asociación xa alegara no PXOUC contra esa edificicación sin obter resposta do gobernó municipal do PP. O Concello manifestou o acordó ca exposición da asociación que se ateran a normativa legal mais estudaran solucions para millorar o espazo e adecualo as peticions do noso colectivo.
Manifestamos que o colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moito tempo reclamando un uso social para o Faro de Oza, un patrimonio de todos e todas que leva moitos anos sen uso e que o PP pretende privatizar a través do Real Decreto Lei 8/2014. Hai máis de dous anos que o noso colectivo veciñal, xunto coa Confraría de pescadores da Coruña solicitamos un uso social para o Faro de Oza.
O proxecto presentado para un uso formativo da Confraría e para montar unha aula do mar que reivindique e dea a coñecer a nosa cultura mariñeira, está pensado para poñer o Faro ao servizo de todos e todas. Queremos evitar que este patrimonio público sexa privatizado, poñéndoo en mans dunha entidade privada para un uso hostaleiro, esiximos que o Faro de Oza se poña ao servizo dos veciños e veciñas, esiximos protección para este ben patrimonial e unha xestión social e pública desta instalación. Polo que solicitamos que o Faro e a sua contorna pasen a ser xestionados polo Concello.
Actualmente e polo convenio do Concello ca Autoridade Portuaria , o concello corre a cargo de todos os gastos derivados da limpeza e mantemento, sin obter nada a cambio, sendo o único beneficiario e Autoridade Portuaria. O Concello ten solicitado a cesion do espazo da Marina a Autoridade Portuaria polo que a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros considera que debe solicitar temen o Faro e a sua contorna par uso cidadan O Concello manifestou que estudiara como levar adiante a sua petición..