Vostede está aquí
Defendamos a costa de Oza
A asociación veciñal veciñal Oza Gaiteira Os Castros mantivo o dia 28 de outubro unha reunión co delegado de Demarcación de Costas de Galicia para tratar a reivindicación do noso colectivo veciñal respecto o uso publico do espazo dos antigos asteleiros valiñas na zona de Oza.
A asociación expuso a necesidade de ampliación da Praia de Oza a dito espazo que leva anos valeiro e actualmente a disposición do uso que lle otorgue Costas. Consideramos que a actual Praia estase quedando pequeña para uso dos veciñ@s, sendo o sua ampliación natural o citado espazo. Con pouco coste podese adecuar o espazo para uso de baño e embarcación de remo e windsurf.
O Delegado manifestou o seu acordó ca alternativa da asociación . e que en todo momento apoiaria tal reivindicación, pois e postura de Costas non pasa pola privatización dos limites costeiros e si o destino para usos públicos.
Dende a asociación considera necesario un acordo entre Costas e Concello para definir e planificar o uso espazo asi como a sua financiación.