Vostede está aquí
CONSIDERACIONS PRESENTADAS AO CONCELLO
CONSIDERACIÓNS
Por unha banda, a antiga casa do Concello de Oza, tantas veces reclamada por nós e que, como xa temos dito, sitúase no lugar do Montiño, rúa Montes. Seguimos a pensar que é unha parte importante do noso patrimonio e acerbo cultural, e que esta expropiación entendémola como o acollemento baixo o ámbito e tutela da Administración Local de onde nunca debeu saír. Hoxendía aínda está en mans privadas que a teñen sumida nun total avandono.
Unha vez feita a expropiación, habería que restaurala para ben ser, xa que tamén se está a facer o parque de Oza e quedaría perfectamente integrada nese contorno, e devolvela dese xeito ao barrio, agora si, como casa-museo do Concello de Oza, para lembranza de todas aquelas xentes que no seu día conformaron aquela nosa historia, e que aínda hoxe recordan.
A segunda expropiación pensamola para o edificio que está situado no camiño que baixa cara a Casablanca, xusto detrás do centro de saúde de Monte das Moas. É unha construcción de 5 plantas (?) que tamén leva en estado de avandono ao redor de 30 anos segundo nos comentan os veciños e veciñas. Pola tipoloxía da construcción e a súa ubicación, cremos que se se poidera restaurar (algo que debera levar consigo asesoramento técnico) podería chegar a ser un referente cultural nos Castros: Conservado como un espazo “multiúsos” onde poder desenvolver actividades relacionadas coa cultura (a planta baixa como local de ensaio para os grupos musicais do barrio (grupos corais, grupos de rock, folk, etc) e as plantas altas poderían ser utilizadas como aulas ao servizo das asociacións do barrio que, como a nosa, non dispoñen de máis espazo para desenvolver todas as actividades que nos gostaría levar a cabo.
Tampouco debemos desbotar a idea de realizaren nese edificio cursos de formación para desempregados e desempregadas, “desdoblando” dese xeito ao centro que o Concello abríu na zona do Monte de San Pedro de Visma, que por certo, está infrautilizado debido á súa lonxanía con respecto á maioría dos barrios da Coruña.
Con respecto ao vello centro comercial que da á rúa da Merced por arriba, e por abaixo á futura Avenida de Oza (general sanjurjo aínda), solicitamos a súa restauración, actuando da seguinte maneira: remodelación dos espazos comúns, actualizandoos, sopesando a posibilidade de poñer escaleiras mecánicas. E subvencionar e buscar “créditos blandos” para arranxar a cafetería e locais comerciais interiores baixo a supervisión técnica e estética desa alcaldía.
A finalidade disto e a de darlle un pouco de aire fresco ao pequeno comercio que dende o peche da cooperativa CODECO hai xa anos, e a actual crise na que estamos inmersos, veñen de sofrir dende hai tanto tempo o castigo da escaseza de negocio e polo tanto, o posterior peche de actividades.
Outra antiga alegación nosa, e que tamén entra no apartado da “devolución do patrimonio do vello barrio”, é a apertura á cidadanía do Faro de Oza, coa idea de estudar as posibilidades que poida ter, en canto a museo do mar, sala de exposicións, ou mesmo punto de encontro para loitar polo medio ambiente na ría da Coruña (aula de formación continua da natureza e o medio mariño).
Un tema moi preocupante para todos e todas as veciñas do noso barrio é a cuestión do tráfico, máxime nestes días en que nesta Asociación sofrimos a perda da compañeira Estrela, como exemplo dramático do mal que se fan as cousas nesta cuestión, vaia dende aqui a nosa agarimosa lembranza.
Coidamos que faría falla facer un estudo urxente do túnel dos Castros, que no tempo que leva aberto, relativamente pouco, xa suma unha cantidade máis que importante de accidentes na mesma dirección: entrada dende A Pasaxe. E que fan del, un dos máis perigosos do país. Como paradoxo disto, o mesmo día que morría a nosa compañeira, tiña lugar outro accidente no túnel.
Na mesma cuestión do tráfico, solicitamos que se actúe doutro xeito cos pasos de peóns, elevándoos no asfalto (a altura da beirarúa, como o fixeron no Burgo) naqueles lugares que son máis susceptibeis de perigo: contorno de centros escolares, bibliotecas, parques e xardíns, etc. E dotalos de suficiente iluminación, xa que coa chegada do inverno, quedan moitas zonas en penumbra.
Por último, pero non menos importante, e a xeito de recoñecemento a un cidadán, Miguel Longo Formoso, veciño do Concello de Oza, e logo da Coruña, mestre e escritor do acontecer da cidade, e de quen aprendimos moito da historia da Coruña. Recollemos unha petición póstuma: “ Que se repare, non só o panteón, que tamén, senón que se restableza na memoria colectiva das xentes da Coruña, a persoa do Médico Rodriguez, quen a parte de ser o nome dunha rúa da cidade, foi coñecido como o “médico dos pobres”, persoa solidaria e home de ben...”.
Cada 1 de novembro, festa de todos os Santos, o compañeiro Miguel dende moitísimos anos atrás, colocaba enrriba da lápida do antedito Médico, unha rosa en agradecemento e como xesto de recordo e lembranza por aquel que tanto fixera polos coruñeses e coruñesas pobres. O panteón que garda os seus restos fíxose grazas a unha recadación popular. Tanto un coma o outro, recollen o significado dos homes bos e xenerosos que cantou o Bardo.