Vostede está aquí

A Chave de Bascuas e AcasaDaxente

A asociación  veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai a organizar e proxectar o documentário a CHAVE DE BASCUAS e dous spots a casa da xente dentro do CICLO CINE NO BARRIO.

Ó remate Coloquio con Alonso Blanco (Xermolos) e Antón de Guizan (Lareia de soños).

No Forum Metropolitano o día 2 de outubro as 19:30.

Sinopse:

Marcelo é o avó de Antía, Xurxo e Roi. Despois de que Antía lle preguntase por unha marca na frente, o avó decide contarlles a historia sobre A Chave de Bascuas, unha lenda que se escoita desde antano na súa aldea natal. El relátalles que cando era pequeno coñeceu a Xoana, unha rapariga moi fermosa que lle contou que existía unha chave na Igrexa que curaba a xente e cumpría desexos. Marcelo apenas tiña 9 anos e fará todo o posible por conseguir esa chave e poder agasallarlla a súa amiga.

O obxectivo deste traballo é dar a coñecer lendas perdidas de Galicia; mitos nos que a única fonte de coñecemento e a información e o boca a boca das persoas.