Vostede está aquí

Centro de día XA

A AAVV Oza Gaiteira Os Castros presenta alegacións aos presupostos da Xunta na que demandamos que se elabore de maneira urxente o Proxecto Construtivo desa instalación, para que poida ser incluído nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 eo centro de día sexa un feito e estea en servizo canto antes. Que tras aprobación do Proxecto de Presupostos Xerais para 2016 da Xunta de Galicia, como entidade de interés público e en defensa dos nosos asociados e do barrio Oza-Gaiteira- Os Castros do Concello de A Coruña, formulamos en plazo e forma as seguintes

ALEGACIÓNS

  1. Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos demandando prazas en centros de día para persoas maiores. O noso barrio ten unha poboación moi envellecida e non dispoñemos de centros de día públicos, o único que se puxo en funcionamento nestes últimos anos foi o de Eirís pero é totalmente insuficiente, temos que lembrar que a Xunta reduciu á metade o número de prazas que nun primeiro momento estaban proxectadas para ese centro de día.
  2. As persoas maiores precisan un modelo de benestar que procure un envellecemento activo e isto require de instalacións axeitadas, con prazas suficientes e programas de calidade que permitan unha boa calidade de vida.
  3. En toda a zona da Gaiteira, Os Castros, A Cubela, San Diego, Catro Camiños, Monelos... non hai un só centro de día público polo que entendemos que é unha necesidade urxente poder contar cunha instalación dese tipo. Dende o noso colectivo veciñal solicitamos á Xunta de Galicia que se constrúa un centro de día no noso barrio para poder cubrir a demanda existente, precisamos instalacións para que os nosos maiores, e as súas familias, poidan ter unha boa calidade de vida.

Por todo o exposto:

DEMANDAMOS da Xunta de Galiza que se elabore de maneira urxente o Proxecto Construtivo desa instalación, para que poida ser incluído nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 eo centro de día sexa un feito e estea en servizo canto antes.