Vostede está aquí

CARTA AO ALCALDE DA CORUÑA

AO ALCALDE DA CORUÑA.

D. Javier Losada Aspiazu.

Praza de María Pita. Nº1

Margarita Santiago Urbano, presidenta da Asociación Veciñal Oza-Gaiteira “Os Castros”; e, no seu nome e representación, póñome en contacto con vostede para informarlle que nesta Asociación temos recibido numerosas queixas do abandono que sufre o noso barrio por parte do Concello da nosa Cidade que vostede dirixe; e levamos nesta teima xa varios anos, polo que xa abonda, e solicitámoslle de as ordes oportunas para arranxar as diferentes deficiencias que padecen os nosos veciños, dos cales xuntamoslles dúas escritas de protesta que fixeron chegar a esta Asociación nestas datas, e cremos e de xustiza ter en conta, antes de que aconteza unha traxedia nas diferentes rúas do noso barrio.

Co desexo de sermos tidos en conta, polo ben da Cidade e o noso barrio, atentamente.

Na Coruña, 6 de xullo de 2009.

Asdo./ Margarita Santiago Urbano.

1