Vostede está aquí

ACCESIBILIDADE en EDIFICIOS

O vindeiro luns 18 de Xullo ás 19:30h no Forum Metropolitano de A Coruña falaremos cos veciños das vantaxes

O vindeiro luns 18 de Xullo ás 19:30h no Forum Metropolitano de A Coruña falaremos cos veciños das vantaxes, axudas e obligacións das comunidades de favoreceren accesibilidade no edificios de vivendas. A xornada que organiza a Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros ven sendo parte dunha serie de charlas que estamos a facer este ano grazas ao convenio de colaboración que temos firmado, e que van encamiñadas a tratar temas que importan a os veciños como a rehabilitación enerxética, a inspección de edificios, a pobreza enerxética, a mellora de instalacións de calefacción e auga quente e como non a accesibilidade a os predios.

Xa son moitas, as comunidades que contan co noso Colectivo Luva a hora de asesorarse e de explicarlles que a que axudas poden optar a hora de rehabilitar as suas fachadas, mellorar enerxéticamente os edificios, ou que tramites son necesarios para pedir autorizacións ou licencias de obras. O noso asesoramento e completamente gratuito e vense reforzando cas xornadas informativas que vimos celebrando.