Vostede está aquí
Novembro 2022
Convócase un o taller de iniciación ao manexo do móbil. Este obradoiro é básico e está dirixido a persoas que non saben usar o teléfono ou teñen moi poucas habilidades, co obxectivo de aprender os fundamentos para manexar un móbil.
Achégase a fase de votación final do programa Na Coruña Contas, e dende Asociación queremos facer unha pequena aproximación na que recomendarmos as propostas que entendemos de maior interese para ser votadas coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza do noso barrio
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres referentes coruñesas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación, tanto no noso barrio como no conxunto da sociedade. Chamamos a combatela atallándoa desde as súas causas, e a aumentar todos os recursos de prevención para que no suceda.
- 1 of 2
- ›