Vostede está aquí
Xuño 2018
O Vindeiro día 17 de Xuño, a partir das 17:30 temos unha nova cita no Parque de Oza para celebrar "O VII ENCONTRO MUSICAL OZA". Actuaran os seguintes grupos:
- XEBRE
- DONAIRE
- ATURUXO
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros volvemos denunciar o estado no que se atopa a rúa Gaiteira. Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto co noso colectivo para trasladar as queixas sobre o estado no se atopa con baldosas a altura do numero 35 e 41 provocando as caidas de varios veciñ@s.
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, temos que volver a denunciar o estado de abandono no que se atopa o edificio sito na Avenida de Oza 152, catalogado co NIVEL DE PROTECCIÓN III (protección estrutural) na ficha Nº 49 do vixente Listado de Elementos Catalogados. Pode apreciarse con total claridade un gran deterioro que sufre dito edificio Como temos expresado en anteriores ocasiones , é evidente que non existe un verdadeiro interese dos propietarios polo mantemento adecuado do edificio, incumprindo os Art. 5.1; Art. 7.1 e Art. 43.1 da Ordenanza Municipal publicada no BOP nº 264 do 17 de novembro de 2006. Este patrimonio cultural pode desaparecer por non facerlle cumprir as normas aos propietarios, máis preocupados pola especulación e o enriquecemento aínda que sexa destruíndo este patrimonio.