Vostede está aquí
Outubro 2016
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros hemos denunciando a situación, no só das augas sinon de todo o espazo,mediambiental e ecolóxica da Praia dende seu inicio. Augas, espazos de lecer, accesos, transporte, etc.: sempre estivo abandonada polas administracións públicas.
A Fundación Galiza Sempre e o Centro Maurits Coppieters organizan encontros con Eyyup Duru, Representante en Europa do Partido Democratico do Curdistan. Os encontros son en Santiago de Compostela (11 Outubro) A Coruña (12 Outubro) e Vigo (13 Outubro).
Moderan: Ana Miranda, Vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre, Xabier Macias, Presidente do Centre Maurits Coppieters
A asociación veciñal fai un chamamento a que este venres 14, apoiemos a nova xornada de folga contra o ERE en Extel- A Coruña. Bótasnos un cable?
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros xa nos temos dirixido ao Concello para solicitar que se realice un estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol.
Son moitas as cidades que loitan polo coidado do medio e do seu ámbito. Unha das maneiras de facelo é evitando medios de transporte que contaminen e para iso, o cidadán necesita unhas infraestruturas que lle faciliten o uso da cidade de xeito sostible.
Bicicletas, unha opción de transporte sostible.( Carril Bici )
- 1 of 2
- ›