Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
Do 7 ao 14 de novembro, organizada pola nosa asociación e a AC Alexandre Bóveda poderá verse no Forum unha exposición sobre un centro de investigación agraria pioneiro no seu tempo, a Granxa Agrícola de Monelos.
O luns 7, ás 19:30 será a inauguración.
A asociación veciñal fai un chamamento a que este venres 14, apoiemos a nova xornada de folga contra o ERE en Extel- A Coruña. Bótasnos un cable?
A Fundación Galiza Sempre e o Centro Maurits Coppieters organizan encontros con Eyyup Duru, Representante en Europa do Partido Democratico do Curdistan. Os encontros son en Santiago de Compostela (11 Outubro) A Coruña (12 Outubro) e Vigo (13 Outubro).
Moderan: Ana Miranda, Vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre, Xabier Macias, Presidente do Centre Maurits Coppieters
Dende a asociación veciñal facemos un chamamento a veciñanza no seu conxunto a paticipar da manifestación convocada en defensa dos postos de traballo e en contra deste ERE e que se ten previsto celebrar o:
Xoves, día 6, a partir das 20.00 h, e que partirá desde a rúa Ramón y Cajal 38, enfronte da tenda de Movistar (diante de El Corte Inglés).
Na Asociación veciñal imos ter un curso de italiano.
O curso será os venres de 19:20 horas a 20:30 horas.
Dito curso comenzará cando se creen os grupos.
Impartiranse no local da Asociación. Apuntate xa as prazas son limitadas.
Infórmate no correo electrónico: mitaroca@hotmail.com
Na Asociación veciñal imos ter un curso de alemán.
O curso será os martes de 16:00 a 17:00 horas.
Dito curso comenzará cando se creen os grupos. Impartiranse no local da Asociación.
Apuntate xa as prazas son limitadas.
Infórmate no correo electrónico:sozialdeutsch@gmail.com
Nosa asociación e comerciantes da rua Posse vai a celebrar un evento na Rúa Posse na zona peonil o día 8 de setembro as 16:0 a 22:30
A posta en marcha de esta a iniciativa da Asociación de Veciños e comerciantes da zona coa finalidade de potenciar a participación cidadá e apoio a o comercio do barrio.
O Baile 100% con Os Cempes é un baile e un obradoiro, participativo e didáctico. Son agarrados, soltos e bailes en roda con música de sempre.
RÚA PEONIL DA GAITEIRA
13 de agosto
19.00-21.00 h ACTUACIÓN NA RÚA
Grupo Costumes de Berbondo
Grupo Aires do Barbanza da Ribeira
Agrupación Folclórica Os Gaiteiriños
22.00 h CONCERTO
Senda de Afra
14 de agosto
12.00 h FESTA
Xebre
Xa temos a imaxe das Festas 2016 que terán coma data os días 13, 14 e 15 de Agosto coma di a tradición e xa non falta nada para ter a programación chea de novidades
Vide veciños e veciñas a gozar do barrio!