Vostede está aquí
Rúa do Montiño
12/03/2015 - 17:54
A Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros, ante as queixas dos veciños e veciñas da rúa do Montiño, sobre o lamentable estado no que se atopa, instamos ao concello para que actúe dándolle solución a diversos problemas:
- Inexistencia de beirarrúa en boa parte do trazado.
- A beirarrúa existente non permite a circulación de persoas con mobilidade reducida, con carriños de bebés ou con outros elementos similares.
- Firme en moi mal estado.
- Ancho insuficiente para a circulación de vehículos nas dúas direccións o que provoca manobras de perigo tódolos días.
- Falta de señalización co peligro que conleva para a circulación e posibilidade de un accidente grave
- Dende este colectivo reclamamos, unha vez máis, que se acometan as obras necesarias para darlle solución a problemas que son sobradamente coñecidos e que padecen día a día moitos veciños e veciñas.