Vostede está aquí
Setembro 2021
O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre Cidade Sostible, Plan de mobilidade, e eliminación das barreiras arquitetônicas. O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre mobilidade e eliminación das Barreiras arquitetônicas, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.
O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 24 de setembro ás 19.30h sendo o moderador será o membro da directiva da Asociación: O Periodista Pepe Lorenzo. Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
Desde a Asociación Veciñal de Oza Gaiteira Os Castros vemos como se dispara o prezo da electricidade a máximos históricos, cun prezo medio de case 106 euros por MWh. A factura da luz acumulada durante 2021 resulta un 25,1% máis cara que a do ano 2020 ata o mes de agosto.
A Asociación Veciñal vén de iniciar unha colaboración coa Fundación Salma Galicia para a recollida de sinaturas de apoio, no noso barrio, a unha Iniciativa Lexislativa Popular por unha Lei Galega da Saúde Mental.
Ante o incremento de agresións violentas organizadas cara a persoas LGTBI, a AAVV Oza, Gaiteira Os Castros quere manifestar o seu compromiso na loita contra a discriminación por motivou de orientación sexual e de identidade de xénero.
I CICLO DE ENCONTROS SOBRE VALDEORRAS A MEMORIA HISTÓRICA
De setembro a Decembro de 2021
A CORUÑA
No Local da AC ALEXANDRE BÓVEDA
RÚA OLMOS , 16 1º
Aforo limitado e adaptado ás condicións Covid
Para reservar , mandar datos de contacto a :acab@mundo-r.com
ORGANIZADO CON AC ALEXANDRE BÓVEDA