Vostede está aquí

Outubro 2017

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros estamos pola defensa do dereito a comunicar da cidadanía, tanto no eido xurídico, coma no político e no social, un xeito efectivo de defender os dereitos humanos e reclamamos o mantemento das radios comunitarias, como Cuac Fm.

 

Polo que dende o noso colectivo veciñal mostramos o nosa apoio a Cuac Fm.

Cada litro de aceite usado que vertemos polo sumidoiro, está contaminando case mil litros de auga, necesaria para o ciclo de vida do noso entorno. As augas contaminadas con aceites vólvense estériles para a vida, creando, debido a súa densidade, unha capa impermeable ao oxíxeno, evitando así, o correcto desenrolo dos ecosistemas.
 

Na Asociación veciñal vamos a ter un curso de TEATRO o Venres de 21:15 a 23.15 horas no local da asociación 

Sera impartido por : Asociación Teatral Paso de Valverde .

O mariñeiro e poeta ou poeta e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974)  Presentara  o luns 16 de outubro  na Bibliotecata do Forum Metropolitano as 19:00 horas  a súa segunda obra poética "A relixión do mar " e que nos chega co aval de gañar o IX Certame de Poesía Victoriano Taibo, convocado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros ante o pacto entre a Xunta e Portos do Estado queremos manifestar :

Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.