Vostede está aquí

Xaneiro 2016

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas.Nesta ocasión estamos a falar de:

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita ao concello que adopte medidas contra a probreza enerxetica.

A pobreza enerxética  pode definirse como a incapacidade dun fogar para satisfacer unha cantidade mínima de servizos da enerxía para as súas necesidades básicas como manter a vivenda nunhas condicións de climatización adecuadas para a saúde.

Dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello en moitas ocasións para demandar máis espazos públicos que poidan ser usados pola veciñanza.

Temos solicitado que se adecúen espazos baleiros ou cheos de maleza e lixo, que se incrementen os espazos verdes e de lecer para mellorar a calidade de vida dos veciñas o veciñas. 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  quere agradecer a tod@s os veciñ@s , todas as doazóns de xoguetes  recibidas durante estas datas e que permitiron que en Nadal  todos os nen@s e as súas familias gocen un pouco.

 

Dende a nosa asociación veciñal comenzaremos o 16 de xaneiro de  un taller gratuito   de busqueda de emprego.

Dito taller serán os Sábados  de 9:30  a 11 horas no Centro cívico de San Diego.