ESTACIÓN DO NORTE

En 1858 a raíña Isabel II colocou na Coruña a primeira pedra da Estación do Norte na zona do Xuncal, no límite entre os Concellos de Oza e A Coruña. Non fora a primeira opción para ubicar a chegada do tren á cidade, xa que os comerciantes coruñeses propuxeran construila na Praza de Pontevedra. Pero a industrialización crecente na zona portuaria inclinou a balanza por esta outra ubicación. Alfonso XII e María Cristina inauguraron a Estación e a liña Madrid-A Coruña en 1883.

A estación foi destruida por un lume en 1964. Foto: Arquivo do Reyno de Galicia

Por esta estación pasaron personaxes como Picasso, Ortega y Gasset, Troski ou Lorca. Foi perdendo actividade coa apertura da estación de San Cristóbal en 1943 e da liña de tren Santiago-Coruña. Funcionou como terminal de mercancías ata que ardeu en 1964. Foi derruida catro anos máis tarde e o tráfico de mercancías do porto trasladouse á nova terminal de San Diego. No seu lugar atópase hoxe a estación de autobuses.

CRONOLOXÍA
· 1858 A raíña Isabel II coloca a primeira pedra da Estación do Norte no Xuncal
· 1883 Inaugúrase coa viaxe dende Madrid de Alfonso XII e María Cristina
· 1895 Un rapaz apelidado Picasso chega á cidade no tren coa súa familia
· 1943 Inaugúrase a estación de San Cristobal que copará o tráfico de viaxeiros
· 1957 A estación do Norte é escenario da película Camarote de Lujo
· 1964 Un lume devora a estación queimando o seu arquivo
· 1967 Entra en servizo a estación de San Diego para dar servizo ó porto
· 1968 Derrúbase a Estación do Norte e comezan a retirarse as vías
· 1975 Inaugúrase a estación de buses no terreo que ocupaba a vella estación

LOCALIZACIÓN
Como chegar