Vostede está aquí
O Faro de Oza, patrimonio de todos e todas.
Dende o noso colectivo ante o anuncio do acordo subscrito entre Autoridade Portuaria e o Concello da Coruña para a cesión por parte da primeira do uso do Faro de Oza e toda a súa contorna urbana ao concello e logo a sua xestión por parte dunha entidade privada.
A asociación veciñal consideramos un espolio do patrimonio público para que un entidade privada faga negocio co que é de todos e todas.
Detrás de esta medida agáchase unha vez máis a intención de privatizar e facer negocio co patrimonio público.
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos lembrar que non pasou moito tempo dende que o noso colectivo, xunto coa Confraría de Pescadores da Coruña, solicitamos que o Faro de Oza se destinase a Aula do Mar e aula de Formación para a Confraría, aínda hoxe non tivemos resposta.
Reclamamos unha vez máis que o patrimonio público, ese que se fixo cos cartos de todos e todas, debe poñerse ao servizo da cidadanía e non para beneficio duns poucos. Reclamamos que se poña ao servizo dos veciños e veciñas e se lle dea un uso social e non particular como pretende o goberno do PP.
Mentres as clases populares, traballadores, pensionistas, estudantes... padecemos recortes económicos, de dereitos e sociais, uns poucos privilexiados seguen a facer negocios e a acumular cada vez máis poder e recursos. O que se recolle nas declaracións publicas feitas polo Alcalde da Coruña para instalacións coma o Faro de Oza é un exemplo de como actúa este goberno, poñendo ao servizo de entidades privadas o patrimonio que é de todos e todas.