Vostede está aquí
Deficiencias no barrio
10/02/2014 - 17:59
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:
- Na avenida de Xeral Sanjurjo a altura do numero 160 na saida do garaxe de Mercadona losetas da beirrarúa levantadas ocasionando lesiones a varios veciños
- Na avenida de Xeral Sanjurjo a altura do numero 166 na saida dun garaxe losetas da beirrarúa levantadas , co perigo que elo conleva
- As beirrarúas da rúa Juan Montes atopanse en lamentable estado
- Na rúa José Mª Hernandez a estrada ten fochancas e as beirarrúas están en pésimo estado. Son de tal magnitude que supoñen un perigo para o tráfico rodado e as persoas que pasan pola beira.
- Queixas pola distribución do mobiliario urbano tras a remodelación da rúa Gaiteira e polos bancos de dita rúa , xa que a veciñanza reclaman que todos eles teñan respaldo.