Vostede está aquí

Noso Blogue

A parroquia de Santa María de Oza —orixe do barrio dos Castros e Gaiteira— era un espazo eminentemente agrario e pesqueiro ata a súa integración no municipio da Coruña. Esta lonxanía dos centros de decisión política e comercial alonxouno tamén dos focos do rexistro histórico polo que dende a Asociación Veciñal queremos colaborar coa creación dese relato histórico.
 
  Defendendo  o noso é un proxecto da Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros  . A súa realización vai  ser posible posible grazas á colaboración da veciñanza e  o apoio,  da Concellería de Participación  .
Dentro do proxecto vamos realizar unhas conversas  o dia 29  no Forum Metropolitano as 19 horas baixo a denominación Conversas defendendo o noso patrimonio cultural  .
A Conversa estará moderada polo membro da AA. VV. e xornalista Pepe Lorenzo.
Ponentes : Anton Luaces , Xosé Alfeirán e Xulio Ferreiro
Debido a que este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

Coa chegada do Nadal queremos repetir a campaña solidaria de recollida de xoguetes. Podedes colaborar levando algún xoguete que os vosos fillos xa non usen os xoguetes entregaranse no local da Asociación. As datas para a recollida serán do 23 de novembro ó 14 de decembro. Os xoguetes teñen que estar en bo estado, limpos e completos. Pensade que son para entregar a outros nenos o día do Nadal.Todo o que recollamos donarémolo este  ano a ONG Senvalos, quen os revisará, catalogará é repartirá as familias que o necesiten.

Clases de mindful yoga.

O curso será os Xoves as 20:00 horas.

Dito curso comenzará no cando se cree grupo.

Impartiranse no  Local da Asociación  na rúa da Merced, 56 baixo

Información: 654 45 56 67

Apuntate xa as prazas son limitadas.

Páxinas

Xebre Banda De Gaitas