Vostede está aquí

Volve a contaminación ao barrio dos Castros

  

Volve a contaminación ao barrio dos Castros

Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire. Unha consulta aos medidores de partículas confírmannos os elevados índices de contaminación que estamos a padecer. Rematas as chuvias que limpan o ambiente e baixan os niveis de contaminación, a neglixencia e o desleixo da Autoridade Portuaria provocan que o barrio estea a padecer novos envelenamentos cunha contaminación que provoca problemas de saúde en moitas persoas do barrio.
Como se pode ver nas gráficas que axuntamos, padecemos niveis moi elevados tanto de partículas PM10 como PM2,5, estamos claramente en zonas de risco para a saúde como se recoñece por parte da Organización Mundial da Saúde ou da propia Unión Europea.
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros non nos queda outra que volver á loita por un aire limpo e libre de contaminación, os intereses económicos da Autoridade Portuaria non poden estar por riba da saúde da veciñanza como está a acontecer.