Vostede está aquí

Volve a contaminación ao barrio dos Castros

Volve a contaminación ao barrio dos Castros

Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire.  Rematas as chuvias que limpan o ambiente e baixan os niveis de contaminación, a neglixencia e o desleixo da Autoridade Portuaria provocan que o barrio estea a padecer novos envelenamentos cunha contaminación que provoca problemas de saúde en moitas persoas do barrio.
Os veciños e veciñas padecemos niveis moi elevados tanto de partículas PM10 como PM2,5, estamos claramente en zonas de risco para a saúde como se recoñece por parte da Organización Mundial da Saúde ou da propia Unión Europea.


Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros non nos queda outra que volver á loita por un aire limpo e libre de contaminación, os intereses económicos da Autoridade Portuaria non poden estar por riba da saúde da veciñanza como está a acontecer.