Vostede está aquí

A veciñanza reclama a fonte da Gaiteira.


Dende que se instalou un pequeno surtidor no lugar onde antes estaba a fonte da Gaiteira, moitas veciñas e veciños se teñen dirixido á nosa asociación para expresar a seu malestar. Onde antes tiñamos unha fonte que formaba parte do barrio dende hai anos, unha fonte feita en pedra de cantería e forxa, agora temos un trebello que nada ten que ver co que nos quitaron.
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos facer público ese malestar e sumarnos nós tamén ao que nos parece unha autentica burla, como se pode substituír a fonte da Gaiteira por semellante cousa? Non se podía volver poñer a fonte que había a aproveitar as obras para mellorar o asentamento de pedra que tiña?.
Tamén queremos expresar, unha vez máis, a dilapidación de cartos públicos para substituír un mobiliario que estaba en perfecto estado por outro cuns prezos desproporcionados, non entendemos que se poidan pagar ate 9.000 € por algún farol para que a rúa estea peor iluminada que antes, esta queixa tamén nola ten transmitido a veciñanza e pode ser comprobada por calquera persoa, unha rúa comercial coma esta non pode ter unha iluminación tan escasa.
O mesmo pasa co surtidor que acaban de instalar, gástanse máis de 1.700 € para instalar algo moito peor que o que tiñamos antes. Dende o noso colectivo reclamamos unha vez máis transparencia na xestión dos cartos públicos, non entendemos que se dilapiden os cartos desta maneira e non se expliquen as contratacións que se fan en cada unha destas obras ou os prezos tan abusivos do mobiliario.

 Dende  a nosa asociación veciñal solicitamos que volvan a poñer a fonte antiga na rúa da Gaiteira