Vostede está aquí
Subvencións pola porta de atrás
06/06/2012 - 23:23
  
Dende a AAVV Oza Gaiteira  Os Castros queremos denunciar o trato de favor que reciben algúns colectivos.  Soubemos pola prensa que asociacións acabadas de constituír reciben 4000€ a  través de convenios con cartos que deberían ir destinados a axudar ao comercio.  É inaceptable que entidades que se acaban de constituír, que non sabemos se son  asociacións de veciños ou agrupacións de comerciantes, reciban catro veces máis  cartos que asociacións de comerciantes que levan moitos anos  traballando.
Asociacións de veciños  como a nosa, sabemos das dificultades que existen para poder acceder ás  subvencións, moitos trámites e papeis para explicar os proxectos para os que  solicitamos as subvencións, presentación de facturas, memorias de actividades,  xustificantes de pagos... Hai un grande control sobre as subvencións e parécenos  lóxico que así sexa pois hai que ser moi coidadoso cos cartos de todos. Isto  contrasta cos convenios anunciados, descoñecemos en que se gastarán esas  partidas, nin os criterios para o reparto.
Dende hai moitos anos esta  cidade ten un problema co desmantelamento do pequeno comercio, témolo denunciado  en moitas ocasións e temos feito algunha actividade para tratar de botar unha  man. É inaceptable que se gasten os cartos que deberían ir para axudar ao  comercio desta maneira, faise evidente que non existe plan algún para  revitalizar o pequeno comercio e están a usarse partidas que deberian ir  destinadas ao comercio para axudar a asociacións próximas a un determinado partido politico 
